As Fragas do Eume son un dos lugares máis máxicos de Galicia, un bosque atlántico cheo de vida, ríos e sendeiros que convidan a desfrutar sen présa.
Nesta xornada propoñémosche un plan diferente: deixar por unhas horas a cidade, respirar fondo e compartir un día de natureza e boa xente.
Faremos unha camiñada accesible polas fragas, con paradas para disfrutar da paisaxe, sacar fotos e conversar. Non se trata de facer quilómetros o máis rápido posible, senón de vivir a experiencia: camiñar, rir e desconectar.
Ao rematar, tempo para un picnic informal e algo de descanso á beira do río.
Ven coñecer xente nova mentras disfrutas da natureza de Galicia
📅 **Data:** Domingo 16 de novembro
⏰ **Duración:** Día completo (10:00–17:00 aprox.)
📍 **Punto de encontro:** A Coruña ou Pontedeume
🚶 **Nivel:** Fácil
👥 **Grupo reducido:** Máx. 20 persoas
💶 **Prezo:** 15 €
👉 **Inclúe:** guía e seguro de actividade.
🚌 **Transporte:** C oche compartido entre participantes.





